Aprobadas obras no auditorio da Casa de Cultura do Milladoiro e no acceso ao núcleo de Trasmonte

140

A Xunta de Goberno Local celebrada o pasado 14 de outubro aprobou a adxudicación do proxecto de instalación, modernización e xestión sostible das infraestruturas das artes escénicas no auditorio da Casa da Cultura de Milladoiro. Dito proxecto está cofinanciado con axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) para a concesión de subvencións á modernización e xestión sostible das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao amparo dos fondos de NextGenerationEU e mecanismos de recuperación e resiliencia do regulamento (Unión Europea), número 2041/241, convocados para o ano 2022.

Adxudícanse as obras de mellora do acceso a Trasmonte por 152.000 euros

Por outra banda, a Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación das obras de mellora do acceso ao núcleo de Trasmonte, na súa parroquia homónima. As obras, incluídas no POS+ 2021 da Deputación da Coruña, foron adxudicadas á empresa Martínez Montes e Hijos SL, por un importe de 152.339 euros. O proxecto inclúe a mellora da capa de rodaxe a e a construción dunha gabia de formigón.