Argibay descarta fusión PXA con PP

458

Portavoz municipal de Pacto por Ames
Ramón G. Argibay: “ESTE GOBERNO NON SE ESTÁ A GANAR O SOLDO”

Está convencido de que o que goberna merece un soldo e de que un político non sae mide polo que cobra, senón en medida do rendible que sexa ao pobo nos anos que o administre. Por iso facilitou que o Tripartito tivera dedicacións exclusivas. Ao primeiro Argibay veu rendemento a esta aposta, pero agora, cree que Gobernan para a galería, pensando no titular e non cree que se gañen o sustento.
O portavoz de PxA está molesto porque se fale de fusións co PP nada mais arranca unha iniciativa conxunta do centro dereita, mentres que parece normal o pacto tácito do Tripartito con Ames Novo. Asegura que non hai fusión á vista e que seguirán a ser o partido que defende a Ames por riba de calquera outro interese.
P.: Como valora os dous anos de tripartito no Goberno de Ames?
R.: Distinguiría o que foron os seis primeiros meses, sobre todo, onde volveu a estabilidade ao Concello de Ames. Houbo unha colaboración moi boa entre todos os grupos municipais e unh disposición moi clara a sacar adiante un concello onde ningún grupo acadara a maioría absoluta.
Nós, como grupo da Oposción, PxA aportamos o noso grao de area. Non hai que esquecer que se o Goberno dispón de dedicacións se debe ao apoio que prestamos ás dedicacións exclusivas. Algo do que non nos arrepentimos porque sempre dixemos que as persoas que se dedican ao Goberno deben de estar ben pagadas. Que un gobernante resulte caro ou barato non o dí o soldo, dío o tempo, segundo o que faga polo seu concello.
Pero volvendo á pregunta, logo dos seis meses primeiros se puxeron nunha actitude electoralista onde non hai contido. Solo interesa o titular.
Xa nos gustaría contar a nós cos orzamentos municipais para poder sacar un folleto explicativo das nosas propostas, PxA é o grupo que máis ten presentado.
Hai cuestións como as contas, a xestión da auga ou obras e servizos que son un absoluto desastre. Non existe planificación.
Miñones aprendeu do seu maestro, Carlos Fernández e manexa ben os tempos. MIre o KM94, un panfleto cheo de titulares e sen contido, feito paraa galería.
P.: A min paréceme pronto para comezar coa propaganda, non queda aínda moito para comezar a loita electoral? Non queda moito por gobernar ata 2019?
R.: Depende por onde o mire, porque nalgunhas cousas xa van tomar decisións que afectarán aos próximos gobernos. Por exemplo o 19 de decembro temos un Pleno, convocado por certo con alevosía e nocturnidade, sobre o POS, o plan de obras da Deputación. Xa son obras e proxectos que executará o vindeiro Goberno, porque a xestión municipal e lenta, demasiado desde o meu punto de vista.
O do Plan de Obras é unha vergoña. Teñen proxectos sen rematar. Outros téñen que cambiarlle o nome porque están mal redactados… A oposición non sebemos a poucas horas do Pleno o que vai para votar…
P.: Temas pendentes e de actualidade. O tráfico no Milladoiro. Vostedes sempre apostaron polo túnel.
R.:Agora aparece o alcalde de Santiago e Miñones descobrendo a pólvora. A única solución para o tráfico do Milladoiro é o túnel. O periférico non é viable porque en Teo é zona urbana por onde discorrería a estrada e a solución que propoñen os empresarios do Milladoiro (relativa ao desvío de tráfico pesado) só mitigaría o tráfico moi pouquiño.
É certo que o problema foise atrasando desde Galuresa a Conxo e agora ao Milladoiro. Dos 30.000 vehículos que pasan a diario por alí só pasarían 29.000 se quitamos os camións.
P.: Cree que inflúe na xestión que sexan tres os partidos no Goberno?
R.: Non. Hai unha xestión improvisada, e sería igual con un partido só.
Poño de exemplo a Conta do 2016. Primeiro ano completo do tripartito. Pois teñen o índice de execuciñon máis baixo dos últimos dez anos. Se consideramos que o goberno anterior se defendeu con catro concelleiros como máximo… e fixeron máis! Hai un déficit claro de xestión. Con independencia dos problemas que teñen entre eles.
P.: Falando de contas, no pleno de novembro cadaquén fixo seu o éxito de rematar coa débeda.
R.:a nós indignounos moitísimo porque o saneamento económico do Concello de Ames o fixemos nós, cando gobernamos. No ano 2012. No 2011 collemos o Concello cun reamente negativo de caixa de -2,5 millóns de euros e no ano 2012, o primeiro orzamento noso, tiñamos un remanente positivo de 300.000 euros. Por que? porque houbo un plan de axuste, pagouse primeiro a proveedores e pediuse un crédito, porque corríamos o risco de ser intervidos.
E logo presumen de rematar co Plan de Axuste. Si xa establecía o mesmo plan que se cancela cando rematase a débeda.
Presumen de reamente positivo de tesourería, claro, pero o goberno anterior deixou un remanente de tesourería de 2,5 millóns de euros. Como non van presupmir de reamente? pero é de gobernos anteriores. O primeiro orzamento seu, de verdade será o de agora, 2018.
P.: PxA é xunto con Ames Novo un partido localista. Pero no caso dos nacionalistas, parecen que miran máis nunha conversión cara a Marea. Se vostedes miran cara o PP como se dí e eles cara vostedes, pode que nas próximas eleccións non queden partidos propios de Ames?
R.: Ames Novo ten un réxime interno de caracter asambleario. O que pasa en Ames Novo ven dado por esa circunstancia. Pero respecto ao que nos achaca, teño que dicir que PSOE, Podemos, Bloque e Ames Novo poden ter un acordo tácito. E non se escandaliza ninguen. Agora, no momento que PxA, o PP e o concelleiro non adscrito asinan unha iniciativa conxunta, xa se interpreta que pode haber unha candidatura única, conxunta ou unha fusión, coalición…. Non. Nos estamos onde estamos. Creo que PxA é o único partido que defende os intereses de Ames por riba de calquera outros e por suposto imos chegar a máis acordos co PP e co concelleiro non adscrito. Igual que xa chegáramos co PSOE, co BNG e con Ames Novo. Volvo recordar que os concelleiros teñen dedicación exclusiva porque PxA facilitou que a tiveran.
P.: Aproveito que é a segunda vez que o cita. Cree que o Goberno, ao que facilitaron ter dedicación, estase a ganar o soldo?
R.: Non non se están a ganar o soldo. Pero non porque estean a ganar ao anos 30.000 euroso ou 27.000 ou 40.000. É caro porque o que están aganado non se traduce en xestión. Por exemplo a taxa da auga. Subíu en algúns casos por riba do 105%. Non é normal que o nivel de execución sexa o máis baixo dos últimos dez anos. Non é normal que o se aprobe un POS do que non se dou coñecemento previo á oposición e o propio goberno recoñece que aínda se están retocando proxectos..
P.: Falemos un pouco do Medio Rural.
R.: Nosotros fuimos el único partido que denunciamos que la inversión para el Plan de Obras para el Rural no llegaba ni al 2% del presupuesto. Eso se tiene que notar, claro que si. Si lo contrastamos con el último año del PP, en el que PxA conseguimos que dedicasen el 100% del POS al Rural…. claro. Logo se enfadan cando lles dicimos que se apropian de obras proxectadas polo Goberno anterior. O rural está abandonado. Non hai máis que ir dar unha volta por aí e velo.
Porque hai unha falta de investimento grave.
P.: Por qué non tira o comercio, especialmente no Milladoiro?
R.: O actual grupo de Goberno non mantén unha relación fluída e cordial cos movementos asociativos empresariais, Unha mostra foi nas no Nadal anteior o da Cabalgata de Reis. As luces deste ano son igüais ou peores que as do ano pasado. Se iso non vai da mans das asociacións de comerciantes… o fracaso está aí.
Cal é a política que hai que desenvolver desde o noso punto de vista? Que tome a iniciativa o Goberno e fale cos empresarios, cos autónomos, comerciantes e hostaleiros e se poñan a funcionar. A pista de xeo que vai haber en Bertamiráns e Milladoiro foi iniciativa dos empresarios non do Concello.
Quen coñece a política comercial que necesita un concello? Os comerciantes. Qué debe facer o Concello? darlles soporte. este o único que fai é sacar as subvencións económicas e hai acaba a política de apoio ao comercio. Pero non só nesta materia, mire en Barouta, o outro díafacendo patinaxe con lanternas.
O concello ten moita liquidez, hai diñeiro, pero este Goberno non o sabe xestionar.