Arrinca o terceiro Canta con Ames

162

A edición de 2023 do concurso Canta con Ames comeza mañá, venres 21 de xullo. Nesta edición compiten 24 persoas, tanto veciñas de Ames como de Santiago, Vigo e Arteixo. Nesta edición redúcese unha categoría e quedan en tres: sénior (maiores de 21 anos), xuvenil e infantil. Na terceira destas categorías, para rapazada ata os 12 anos, hai 10 inscritos. En xuvenil, ata os 20 anos, hai 6. En sénior participan 8 persoas.

Haberá dúas xornadas de preselección, unha o venres 21 de xullo no Milladoiro e outra o sábado 29 en Bertamiráns. A semifinal será no Milladoiro o 4 de agosto e a final celebrase en Bertamiráns o 18 de agosto. O xurado do concurso está composto por Inés Suárez, Noelia Bellas e Lara López, con Loly Gómez de presentadora.