Asemblea Local BNG Ames

Arrincan as negociacións para conformar o próximo Goberno local de Ames

Este 7 de xuño dá comezo o proceso de negociación entre o PSdG-PSOE e o BNG para conformar o novo Goberno local, logo das recentes eleccións municipais. Ambos partidos suman 13 concelleiros na corporación, dous por riba da maioría absoluta, que está establecida en 11, e por tanto non precisan de pechar acordos co resto de partidos (Partido Popular e Espazo Común).

O BNG de Ames comunicou hoxe aos medios a “valoración positiva” que a asemblea local fixo das eleccións, en que o BNG medrou en dous concelleiros, pasando de 3 a 5 e rexistrando a maior subida electoral entre as forzas con representación. Consideran os nacionalistas que os resultados amosan que “a cidadanía de Ames votou, claramente, por un goberno de progreso, así como por evitar a entrada da extrema dereita na Corporación”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *