As ANPAs chaman á responsabilidade pero critican a falta de comunicación da Xunta

0
33

Ante o peche dos centros de ensino decretado pola Xunta a partir do día 15, a Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos reclama “responsabilidade cívica” por parte das familias “nun momento sen precedentes como o actual” e apoia a iniciativa de clausura tempora,. Porén, critican a “falta de comunicación” da Xunta, que lles resulta “incalificable”, xa que acusan ao presidente galego, Alberto Núñez Feijoo, de non ter dito a verdade ao asegurar que tivera contactos con todo tipo de organizacións antes de tomar esta medida. Os pais e nais do alumnado dos centros públicos piden unha “interlocución directa” coa Xunta nesta crise.

Igualmente, a Confederación de ANPAs reitera a súa disposición á colaboración coas administracións e alerta do custo económico da suspensión de actividades para os traballadores e empresas que prestan servizos ás familias e ANPas, “que neste momento xa están sufrindo despedimentos e regulacións temporais de emprego”. Neste sentido, reclaman “medidas laborais e económicas para a protección dos traballadores”, chamando a atención sobre a desprotección que afecta a monitores, academais, ou profesionais de actividades extraescolares.

Non ás “teleaulas”
CONFAPA chama a atención sobre a heteroxénea “realidade social, económica e tecnolóxica de Galicia”. Ante esta situación, consideran que “a educación a distancia ou telemática como un substituto da asistencia ás aulas é unha idea peregrina que rexeitamos enerxicamente”. Piden que a situación non deveña nunha “mingua da calidade” educativa, polo que reclaman a ampliación do calendario escolar logo de controlada a situación.

Compartir
Artículo anteriorPeche de centros de ensino en Galicia
Artículo siguiente90 confirmados en Galicia
AMSGO! tráeche a información local do máis preto de ti. Temos soporte online e unha publicación mensual física que repartimos de balde nos negocios, prazas e rúas de Ames.

DEJA UNA RESPUESTA

Please enter your comment!
Please enter your name here