As bibliotecas de Ames permanecerán pechadas durante dúas semanas

984

Durante dúas semanas as bibliotecas de Bertamiráns e do Milladoiro estarán pechadas debido a realización de traballos de inventario e adaptación ao novos sistema de catalogación KOHA

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación e Cultura, informa de que durante o período comprendido entre o 18 e 30 de setembro, durante a realización do inventario KOHA, as bibliotecas de Ames permanecerán pechadas ao público por realización de inventario e adaptación ao novos sistema de catalogación KOHA da Xunta de Galicia. Só se abrirán as salas de lectura das dúas bibliotecas. A biblioteca de Bertamiráns abrirase no horario de conserxería, e a de Milladoiro no horario normal de apertura.

Durante dúas semanas as bibliotecas de Bertamiráns e do Milladoiro estarán pechadas debido a realización de traballos de inventario e adaptación ao novos sistema de catalogación KOHA da Xunta de Galicia. As salas de lectura das dúas bibliotecas non se verán afectadas e si abrirás as súas portas durante este período.

A sala de lectura de Bertamiráns abrirase no horario de conserxería (de 08:30 a 15:00h e 16:30 a 22:30 horas), e a do Milladoiro no horario normal de apertura (de 08:30 a 21:00h de luns a venres e os sábados de 9:00 a 14:00 horas).

Asemade, interrómpese o servizo de préstamo e atención ao público nas dúas bibliotecas durante estas datas, permanecendo abertas as salas de lectura. A devolución en Bertamiráns farase en conserxería e no Milladoiro na sala de lectura (habilitando un espazo para iso que estará sinalado).