As bibliotecas de Ames acollen seis sesións de contacontos no que queda de ano

176

A programación de outono deste ano das bibliotecas municipais de Ames inclúen a proposta “Unha sopiña de contos”, con seis sesións de contacontos para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A biblioteca do Milladoiro acollerá as sesións dos días 29 e 30 de novembro 3 mais o 1 de decembro. En Bertamiráns estará do 13 ao 15 de decembro. Todas as sesións serán ás 17.30h.

O prazo de inscrición abriu hoxe e pechará o sábado 26 no caso do Milladoiro. Pódese facer a inscrición por teléfono no 981 530 807 ou por mail escribindo a biblioteca@concellodeames.gal. En Bertamiráns, a inscrición poderá facerse do 5 ao 10 de decembro no 981 884 829 ou enviando un correo a biblioteca@concellodeames.gal.

Ademais das sesións de narrativa oral, celebraranse obradoiros para rapazas e rapaces entre 3º e 6º de primaria. En decembro terá lugar un obradoiro de manualidades de Nadal (venres 16 de decembro no Milladoiro e sábado 17 en Bertamiráns).

En canto ao público adulto, as bibliotecas programan Encontros literarios onde os autores expoñen as súas obras e ofrecen un coloquio co público asistente. O próximo será co profesor e historiador Francisco Leira, que presentará o libro “Los nadie de la guerra española”, acompañado polo ilustrador Xabier Ron.