As Escolas Deportivas 2022-2023 abren o vindeiro luns o período de inscricións

O próximo luns, 12 de setembro, abre o prazo de preinscrición na nova programación das Escolas deportivas do Concello de Ames para o curso 2022-2023. O prazo de preinscrición estará aberto ata o día 18 de setembro. A xestión realizarase telematicamente a través da plataforma Cronos. Neste prazo de inscrición, cada persoa só poderá inscribirse nunha escola deportiva e non se permitirá a inscrición en máis dun grupo da mesma actividade. Non se poderán facer inscricións de xeito presencial. Nas actividades que haxa máis preinscricións que prazas ofertadas, realizarase un sorteo o 19 de setembro. Non se conceden as prazas por orde de inscrición. A listaxe de admitidos publicarase o 20 de setembro na páxina web do Concello de Ames. Como novidade, amplíase un novo grupo de pilates en Aldea Nova e outro grupo en Bugallido.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *