As leiteiras de Ames, inmortalizadas na antiga unitaria de Firmistáns

195

O Delas Fest deixou un ano máis anacos de arte con perspectiva de xénero en Ames, un dos concellos que acollen esta iniciativa xunto a Santiago, Brión e Teo. A artista uruguaia Cecilia Rodríguez Oddone, ‘Ceciro’, elaborou nesta edición un mural na vella escola unitaria de Firmistáns co que homenaxea un dos oficios tradicionais das mulleres amesás, o de leiteira. “A ruta das leiteiras” queda así como unha homenaxe ás mulleres rurais.

A concelleira de Benestar Social e Igualdade de Ames, Luisa Feijóo, destacou a importancia deste festival á hora de visibilizar ás mulleres na arte e na sociedade en xeral.

Ademais, no palco da festa de Bugallido realizouse un obradoiro de iniciación á pintura con spray, que dirixiu o equipo de 7H Cooperativa Cultural, a organizadora do proxecto Delas Fest.