As persoas non conviventes poden compartir vehículo privado, sempre con máscara

1161
Brunette woman wearing face mask driving her car through the side mirror car. Covid-19 (Corona virus) concept

O uso de vehículos privados de forma compartida entre persoas non conviventes é posible sempre que todas as persoas que viaxen fagan uso da máscara facial en todo momento. Así llo confirmou á Alcaldía a Consellería de Sanidade a petición de Ames Novo. O concelleiro deste grupo Quique Costas sinalou que trasladaron esa pregunta porque existían dúbidas sobre esta posibilidade “que afecta, por exemplo, a persoas que recollen ou levan crianzas conxuntamente coas súas á escola ou actividades, e a persoas que comparten vehículo para os desprazamentos ao traballo”.