As tarxetas bono Ames Progresa alcanzaron os 125.000 euros de volume de negocio

O pasado 30 de abril rematou a campaña de tarxetas bono Ames Progresa, posta en marcha por segundo ano consecutivo pola Concellaría de Promoción Económica, para dinamizar e fomentar as compras no comercio e mailo consumo na hostalaría local. Nesta segunda edición da campaña, que se desenvolveu do 1 de marzo ao 30 de abril, realizáronse 5.857 operacións por valor de 125.159,37 euros. Isto representa un 98% sobre a contía total posta en circulación que ascendía a 127.600 euros. En total realizáronse operacións en 212 establecementos cunha media de gasto de 590,37 euros por establecemento. Quedou sen gastar tan só o 2% do saldo total.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, mostrouse moi satisfeita “polo bo funcionamento desta campaña que serviu para axudar a fomentar as compras no comercio e a consumir na hostalaría local”. Ademais, Ana Belén Paz agradeceu ás asociacións “a súa colaboración un ano máis na recarga e venda das tarxetas bono”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *