Así quedan as restricións en Ames

248

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe a decisión do comité clínico de limitar as reunións de non conviventes, cunha especial énfase nas nocturnas. Durante a súa comparecencia, Feijóo destacou a solicitude ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da autorización para esixir o control nas xuntanzas, de xeito que se permitirán as reunións de non conviventes de máximo 6 persoas en interiores e 10 en exteriores, ou ben dous grupos de convivencia. “Queremos evitar as reunións multitudinarias sen garantías que están tras un gran número de contaxios”, afirmou, precisando que as reunións de non conviventes estarán prohibidas entre as tres e as seis para os niveis medio e medio-baixo, caso de Ames, onde hai 77 casos activos por COVID-19.

Na hostalería, seguirá habendo un aforo interior ao 50%, coas terrazas tamén ao 50%. O peche será á 1h.

En canto aos locais de ocio nocturno, Feijóo subliñou que pode ocuparse o 50% do aforo no interior e o 75% en terraza, sempre acreditando proba negativa nas últimas 72 horas ou estar vacinado. Sobre este punto, recordou que ademais seguirá sendo obrigatorio a instalación dun medidor de CO2; contar cun rexistro de clientes; o uso de máscaras e a distancia de seguridade; e o peche manterase na unha da mañá para a hostalería e nas tres para os locais do ocio nocturno.

Ao longo da rolda de prensa, o titular da Xunta recordou que as medidas que limitan dereitos fundamentais deben ser trasladadas para a súa ratificación ao TSXG, “polo que haberá que esperar a coñecer o seu posicionamento para que entren en vigor”, matizou, se ben subliñou que si entrarán en vigor o próximo sábado o resto das medidas relativas a aforos nos establecementos.