Ata 50 familias reciben axudas municipais en Ames por baixos recursos

72

A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves 21 de outubro a concesión das axudas destinadas ao apoio das familias numerosas do Concello de Ames, que ascende a un total de 60.000 euros repartidos entre 50 familias. As axudas consisten nun único pagamento por unidade familiar de 1.200 euros. Optaron a estas subvencións familias numerosas que leven ao menos un ano de antigüidade sen interrupción coa súa residencia habitual no municipio amesán, e que cumpran cos requisitos de renda e débeda coas administracións tributarias.