Atopan unha persoa falecida dentro dun coche en Costoia

211

Unha persoa falecida foi atopada hoxe por un particular, ás oito da mañá, dentro dun vehículo parado na beiravía, no lugar amesán de Costoia. O 112 Galicia tivo constancia do suceso, a través da chamada dunha persoa que indicaba ver un coche parado, nunha pista cunha porta aberta e alguén no interior.

Nese momento, desde o 112 pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local de Ames, aos Bombeiros de Santiago, ao GES de Brión e a Protección Civil do municipio.

Unha vez xa no lugar, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa. Ademais, as forzas da orde tratan de aclarar as circunstancias do suceso.