Avanza a senda peonil entre Sisalde e Agro do Muíño

427

A senda peonil entre Sisalde e Agro do Muíño, en Ortoño, vai camiño de ser unha realidade. Esta infraestrutura mellorará a seguridade viaria nun tramo moi utilizado por deportistas e paseantes. A obra foi visitada esta mañá polo alcalde e edil de Obras e Servizos Básicos, Blas García, xunto co concelleiro do Rural, Santiago Márquez, quen puideron comprobar os traballos de canalización para as augas fluviais e pavimentación da vía, así como de construción dun muro de granito para a contención de terras.

Dentro desta obra incluída no POS complementario de 2019 da Deputación, tamén se soterrará a liña telefónica, para que os cables e postes da luz non dificulten o tránsito. Será o Concello quen financie esta parte.

Blas García sinalou que esta senda facilitará a comunicación co lugar de Sisalde, permitirá ir eliminando puntos de cableado aéreo e mellorará a seguridade peonil, especialmente en zonas moi utilizadas para ir pasear. O concelleiro de Medio Rural dixo, pola súa banda, que esta obra é unha aposta pola mobilidade sostible.