“Azúcar, pimienta y sal”, tango na Praza da Mahía este sábado, día 15

O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, organiza un novo espectáculo para amenizar os seráns de verán. Esta nova proposta terá lugar o sábado 15 de xuño, ás 20:30 horas, na praza da Mahía de Bertamiráns. Porén, en caso de previsión meteorolóxica adversa, trasladarase  á Casa da Cultura. 

“Azúcar, pimienta y sal”

Os cantores de tango Héctor Rial e Enrique Migliarini, acompañado polo cuarteto “Sueño de Arrabal” presentan o seu novo espectáculo “Azúcar, pimienta y sal: show de tango”, que conta cun amplo repertorio no que se conxugan tangos, valses e milongas de onte, hoxe e sempre. Ao espectáculo tamén se suman bailaríns, abarcando así todas as expresións deste xénero musical. 

Ademais de Rial e Migliarini, integran este show os músicos Jorge Foscaldo, Alejandro Sabo, Leandro Amoroso e Javier Abel; e os bailaríns Jorge Bernúdez, Cruz Tonade e Karina More. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *