Baixan a 154 os casos activos no municipio

412

A Consellería de Sanidade trasladou hoxe ao Concello un novo dato de casos activos de COVID-19 en Ames. Segundo datos da Xunta, esta cifra é hoxe de 154 casos, moi por debaixo dos 215 de hai unha semana. Novamente, o Concello de Ames fai un chamamento ao autoconfinamento e solicítalle á veciñanza que limite toda saída do fogar que non sexa imprescindible, nin fagan desprazamentos fóra do concello, salvo aqueles que sexan necesarios e debidamente xustificados, limitando así ao máximo á súa vida social. A incidencia acumulada mantense por riba dos 250 casos por cada 100.000 habitantes.