Blas García chama a outros rexedores a oporse ao peche de oficinas bancarias no rural

0
291

O alcalde de Ames e depuado provincial, Blas García, fixo hoxe un chamamento aos alcaldes dos concellos rurais para unha “rebelión” contra as entidadades bancarias que están a pechar as oficinas no rural. O rexedor amesán recoñeceu nos micrófonos da Cadena Ser que as institucións municipais teñen “moitos cartos en moitas entidades bancarias”. García convidou a reflexionar que se fai cos cartos depositados naquelas entidades bancarias onde non se traballa a favor do mundo rural e se eliminan oficinas e servizos.

O rexedor criticou as propostas de mantemento de servizo de caixeiro, orientado á recadación do banco e pouco amable para coas persoas que teñen dificultades con elementos informáticos e as novas tecnoloxías, mentres se pecha a atención ao público. É este último servizo, considera García, o fundamental para a pobiación envellecida do rural.

Nas súas declaracións, García reprochou á Xunta que se manteña de perfil ante esta situación mentres as entidades bancarias pechan oficinas no rural coincidindo coas declaracións do goberno autonómico para atraer e fixar poboación no mundo rural. Son dúas liñas contradictorias, segundo sinalou o alcalde, quen convida a Xunta a facer unha proposta clara para paralizar o peche de oficinas.

Blas García puxo o exemplo do concello da Baña e lembrou que no peche dos servizos deste municipio só se escoitaron como voces próximas as do Concello de Ames e a presidencia da FEGAMP, botando en falta o apoio claro dos concellos da área.

DEJA UNA RESPUESTA

Please enter your comment!
Please enter your name here