Blas García estréase como streamer

301

O alcalde de Ames, Blas García, lánzase ao dixital. O rexedor explicou hoxe que estará o vindeiro luns, 20 de decembro, ás 21h, nun directo simultáneo en Twich e Facebook Live para darse a coñecer máis a fondo na iniciativa #FalaConBlas. García explica que con esta idea pretende amosar “a cara B da alcaldía: revivir algunha anécdota, facer un repaso dos meses que levo no cargo e contar algún segredo do día a día do Grupo Municipal”.

O rexedor aclara que ademais responderá ás preguntas dos espectadores e que concibe o #FalaConBlas coma unha nova forma de achegar o Concello á veciñanza de Ames.