Blas García: “No 2017 investiremos preto de 800.000 euros no Milladoiro”

“Unha das novidades deste plan e poder destinar esta achega 2017 (o antigo POS) a gasto corrente”

Blas García Piñeiro, nado en Boiro en 1969. Dende moi xove milita na política afiliándose en 1988 ao PSdeG-PSOE. No 2014 entra na corporación municipal na oposición pero non é ata o 2015, cando o tripartito chega ao poder, cando toma posesión da concellaría de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos. Entre as súas funcións destacan a planificación do territorio, planeamento e xestión urbanística, vivenda e rehabilitación, planificación e programación de obras, brigada de obras, servizos básicos (ciclo da auga, xestión do lixo, cemiterio, iluminación) tráfico e aparcadoiros.

Coa aprobación do POS+2017, é o responsable desta área para explicar a tódolos veciños e veciñas a importancia deste plan e que é o que traerá a este concello durante este ano.

– Durante estes anos a Deputación da Coruña viña presentando unha serie de plans de obras públicas para os concellos da provincia. Coa chegada do 2017 estes plans uníronse no chamado POS+2017, que novidades trae este plan para Ames?

O POS+2017 deste ano divídese en tres partes: a achega do 2017 que era o antigo POS (Plan de Obras e Servizos), a achega do 2016 o antigo PAS (Plan de Acción Social) que son un tipo de obras distintas porque se fan co remanente e co superávit que ten a deputación e polo tanto teñen que ser investimentos economicamente sostibles e o PAI (Plan de Aforro e Investimento) que é un crédito que che fai a deputación a quince anos con dous de carencia e tamén teñen que ser investimentos financeiramente sostibles. Este é o plan único, antes facíase de maneira individual pero agora agrupárono.

A maiores había unha serie de subvencións que ían a turismo, promoción económica, servizos sociais e deportes para investimentos e actividades que a deputación elimina e que as fusiona si os concellos as queren seguir mantendo. En Ames a contía ascende a 140.000€ e as vamos a seguir a manter en cada concellaría porque algunhas adícanse a certos programas para financiar persoal.

Unha das novidades deste plan e poder destinar esta achega 2017 (o antigo POS) a gasto corrente. En que beneficia ao concello de Ames? Pois que podamos destinar a gasto corrente arredor de 500.000€ e ese gasto liberámolo das facturas que tíñamos que pagar obrigatoriamente de maneira que poidamos licitar as obras, unha vez que aprobemos os orzamentos, baixo os nosos criterios e sen ter que esperar a que a deputación as teña que aprobar no seu pleno e se abran os distintos procesos.

Por exemplo, neste ano 2017 vamos a poder executar as obras que aprobamos en novembro de 2015. Coa novidade do POS+2017 en vez de esperar ano e medio para a execución das obras, as que van a gasto corrente, poderán estar feitas no 2017. Polo tanto, adiantámonos moitísimo as obras que levamos nos proxectos.

– Beneficia este novo plan ao concello de Ames no sentido de máis fondos de investimentos para máis obras e servizos?

Quizais un pouco menos respecto a anos anteriores. O ano pasado entre o POS e o PAS tivemos 1.200.000€ máis arredor de 400.000€ do PAI. Este ano vamos a ter 1.560.000€ pero temos que quitar os 140.000€ que van a estas subvencións que explicaba antes.

“Temos un compromiso co rural de seguir facendo saneamentos durante este ano pero sempre con fondos propios ou vinculados ao canon que nos debe de pagar a empresa que xestiona o ciclo integral da auga”

– Que obras ou investimentos ten pensado facer o goberno con todos este cartos? Segue o compromiso do Goberno con continuar as obras de saneamento no rural?

Co plan da deputación non vamos a facer obras de saneamento porque é o concello, con fondos propios, quen as está a facer. Por exemplo, este ano xa levamos bastantes obras feitas deste tipo no Pedregal, en Costoia e outros máis pequenos.

Temos un compromiso co rural de seguir facendo saneamentos durante este ano pero sempre con fondos propios ou vinculados ao canon que nos debe de pagar a empresa que xestiona o ciclo integral da auga. Este Goberno segue apostando polo saneamento, abastecemento e as pluviais no rural.

Este 2017 falamos de tres obras directamente cos fondos da deputación, dous bastantes grandes en Milladoiro. A primeira é cambiar todo o alumeado público do Milladoiro por luces LED cun aforro que está estimado nun 60%, cambiar tódalas luminarias e incluso poñer algunha máis, a segunda é abrir a zona verde do Milladoiro na Travesía do Porto, eliminando o muro que está ao lado das pistas da Casa de Cultura e abrir unha travesía, urbanizar toda esa zona e facer un acceso á zona verde. A terceira é máis pequena, farase en Caroubans na pavimentación e arranxo dos interiores.

Despois co gasto corrente, que ascende a 500.000€, faremos investimentos en instalacións deportivas, mellorando pavillóns e creando algunhas infraestruturas novas e por suposto crear víais e arranxar algunhas pistas do rural.

“Creo que Milladoiro necesita un investimento serio nel e así o faremos con estas dúas obras”

– Cal sería a obra máis ambiciosa con este cartos que reciben da Deputación?

As dúas do Milladoiro porque rondarán arredor dos 800.000€. Creo que Milladoiro necesita que este Goberno faga un investimento serio nel e así o faremos con estas dúas obras. A maiores temos outros proxectos que iremos avanzando máis adiante.

Cambiar toda a iluminación do Milladoiro é moi importante porque hai zonas que teñen unha iluminación deficiente, será un aforro para as arcas públicas e o máis primordial, arranxar os problemas de seguridade que hai nalgúns cadros do alumeado público. Ademais, unha das demandas máis repetidas polos veciños de alí é contar cunha zona verde e por iso imos facilitar o acceso na Travesía do Porto. Adecentarémolo e uniformaremos esa zona para construír un parque infantil adaptado, o primeiro que se fará en Ames, e outro biosaludable. Queremos concentrar nesa zona verde un área de esparcemento familiar para tódolos membros das familias: pais, nais, avós, nenos…

Para máis adiante, estamos traballando nun proxecto a medio prazo para adecentar como zona verde toda a franxa fronte a futura igrexa do Milladoiro.

– No novo escenario político no que é importante a participacións e implicación das veciñas e dos veciños, seguiran contando coas achegas de ideas que fagan as asociacións de veciños?

Sempre estamos contando coas ideas das asociacións. Nestes orzamentos, por primeira vez, irán uns orzamentos participativos co que se destinará 130.000€ para as parroquias do rural. Os veciños decidirán onde queren investir eses cartos, serán os responsables desa contía. A maiores diso, mantemos reunións constantes coas asociacións de veciños e visitamos as parroquias.

Todos estes investimentos que facemos sempre é baixo a súa petición. Non vale a idea de ter grandes proxectos, coma nalgunhas épocas, pero sen contar coa participación e o beneplácito dos veciños, iso é un erro.

– A parte de contar cos veciños tamén é importante chegar a un acordo entre os diferentes grupos políticos da corporación municipal. Cre que podería chegarse a un acordo entre tódolos grupos políticos?

Eu espero que si. Co grupo municipal Ames Novo xa estamos tendo unha negociación co tema dos orzamentos e xa se lles explicou este plan único e que queremos facer con este gasto corrente; falta por explicarllo ao resto dos grupos. Eu espero que ó entendan porque non espero que vinculemos medio millón de euros a gasto corrente e despois decidir as obras senón xa telas propostas e que vaian reflectidas nos orzamentos. É algo novo e nós no seu momento nos opuxemos que as obras do POS foran a gasto corrente pero solo pagar as facturas porque esta vez van directamente a obras para poder acelerar todo o proceso licitador.

Pensamos que os grupos da oposición ó entendan e creo que o imos sacar adiante. Quen pode votar en contra dun investimento de máis de 800.000 no Milladoiro?

“Ames ten máis de 40 parques e queremos reorganizalos e dividilos para tramos de idade, agora mesmo hai unha deficiencia no tramo de nenos de máis de 8-10 anos e temos que solucionalo”

– Estamos cerca do ecuador do mandato deste goberno. Cales son os proxectos ou ideas que están enriba da mesa para estes dous anos que quedan?

Temos varios temas e áreas nas que queremos seguir traballando. Por exemplo en educación estamos a traballar para ceder as parcelas á Consellería de Educación para construír un colexio en Milladoiro e ampliar en Bertamiráns os que fan falta. A gran obra aclamada e que vai con certo atraso na súa presentación do proxecto por parte da Xunta é o Centro de Saúde do Milladoiro. Queremos dotar dunha senda verde en Milladoiro que una a zona de Travesía do Porto ca zona verde de Rosalía de Castro, ao lado da autoestrada.

Temos unha preocupación importante en como poder enfocar os parques infantís. Ames ten máis de 40 parques e queremos reorganizalos e dividilos para tramos de idade, agora mesmo hai unha deficiencia no tramo de nenos de máis de 8-10 anos e temos que solucionalo. Ademais os pais e nais pídennos que haxa un parque cuberto en Milladoiro e en Bertamiráns, estamos mirando en como cubrir algún deles.

En infraestruturas deportivas, o alcalde está preocupado pola falta destas. Está mirando como facer un campo de fútbol novo en Bertamiráns ou no entorno porque o que temos agora mesmo quédase pequeno e o seu uso e moi intensivo e nótase moito.

Seguir apostando polo rural co arranxo das pistas que moitas levan sen mantemento dende fai anos e é bastante importante facelo.

Agora mesmo, o que máis lle preocupa o Goberno é que os veciños e veciñas de Ames teñan servizos acordes as súas necesidades.