Blas García, novo alcalde de Ames

521

O ata agora concelleiro de Obras e segundo tenente de alcalde, José Blas García Piñeiro, xa é alcalde de Ames, logo do pleno de investidura na tarde de onte. García competiu cos representantes do PP (Ramón García Argibay) e Ciudadanos (José Ramón Oulego). O socialista recibiu o apoio dos socios de goberno do PSdG-PSOE, BNG e Contigo Pódese. 

O xa alcalde salientou no seu discurso unha vontade de gobernar con talenta e unha política de “portas abertas”. Puxo en valor o “consenso” que, asegurou, ten como práctica o Goberno local. Tivo palabras para o seu predecesor, José Miñones, e os seus socios de Goberno, así como os traballadores municipais e, especialmente, a brigada de Obras.

Tamén fixo referencia á situación de pandemia e aos seus efectos sociais e económicos. “Son demasiados os veciños e vciñas que sufriron nas súas propias carnes este maldito virus”, aseverou, lembrando que a única maneira de saír “é facelo xuntos e unidos”. “Quero que a xestión desta crise nos sirva como exemplo aos que hoxe conformamos esta Corporación para concienciarnos de que a política serve para cambiar a vida das persoas”, sinalou. “Estamos aquí para traballar pola cidadanía” sen “xogos políticos e partidariso”, engadiu o novo alcalde, quen puxo en valor o feito no Concello neste sentido. 

García recibiu o bastón de mando de mans do seu predecesor, o xa delegado do Goberno en Galicia, José Miñones. 

Podes consultar o vídeo completo do pleno aquí.