Bo nivel do Ames Atletismo no Campionato Galego de probas combinadas

A pista cuberta de Ourense acolleu a pasada fin de semana dúas citas deportivas: o Campionato Galego de probas combinadas e o control de marcas da Federación Galega de Atletismo. Ambas as dúas competicións contaron con cadansúa representación amesá, con diversos atletas do club Ames Atletismo. O corredor Mateo Posse conquistou durante o sábado a medalla de bronce sub20 nas probas combinadas. O domingo foi quen de mellorar os seus rexistros persoais nas sete probas do Heptatlon.

É salientable tamén a marca que, por segundo ano consecutivo, acadou María Estévez nos 600 metros lisos en pista cuberta su16.

Na proba de control de marcas participaron, ademais, outros cinco atletas do club: Pablo Sar, Carlos Buyo, Ariana Collazo e Andrea Brea. Todos eles melloraron os seus rexistros persoais. Sar fixo marca persoal no triplo salto e nos 60 metros lisos; Buyo nos 800 metros lisos; Collazo no 60 metros valado e Brea tamén nos 60 metros lisos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *