A brigada de espazos naturais acondiciona os paneis das rutas ambientais

Durante os meses de abril e maio este grupo de traballo acondicionou os paneis informativos e sinais da senda verde, da ruta que discorre polas beiras do Sar e da ruta de Riamontes.

443

Esta brigada estivo traballando na posta a punto dos paneis informativos e sinais de distintas rutas ambientais como a senda verde, a ruta que discorre polas beiras do río Sar e maila ruta de Riamontes

O Concello de Ames contou ao longo de dous meses cunha brigada de espazos naturais, que estivo composta por dous peóns e un capataz. Durante os meses de abril e maio este grupo de traballo acondicionou os paneis informativos e sinais da senda verde, da ruta que discorre polas beiras do Sar e da ruta de Riamontes.

O Concello de Ames contou entre o 31 de marzo e 31 de maio cun grupo de persoal que estivo desenvolvendo traballos nos espazos naturais de Ames. Tratouse dunha brigada, sufragada a través da Deputación provincial da Coruña, que contou cun capataz e dous peóns contratados durante dous meses. Esta brigada estivo traballando na posta a punto dos paneis informativos e sinais de distintas rutas ambientais como a senda verde, a ruta que discorre polas beiras do río Sar e maila ruta de Riamontes. Os traballos que realizaron consistiron na reparación e mantemento dos paneis interpretativos das tres rutas, así como a reposición das sinais indicativas que estaban rotas ou que foron extraviadas da senda verde.

Outras actuacións que levaron a cabo consistiron na poda das árbores do monte escolar, que está situado na parroquia de Trasmonte; traballos de desbroce en varias fincas urbanas municipais, que debido a lei de incendios teñen que estar limpas para previr incendios forestais durante a época estival; traballos de estaquillado de Salgueiros nas beiras do río Sar e plantación dalgún ameneiro. Fixeron un seguimento dos traballos previos que se realizaron no Sar para evitar a súa erosión e a conservación da súa canle orixinal. O persoal desta brigada tamén traballou no rediseño da ruta do Tambre, que non se podía realizar xa que atravesa varias fincas privadas.