Bugallido quere recuperar o bus P2

0
65

A Asociación de veciños de Bugallido está a mobilizarse pola eliminación da liña de bus P2 que durante décadas uniu Ortoño coa estación de autobuses en Santiago de Compostela. Onte, 23 de setembro, concentráronse pola tarde xunto á famarcia de Bugallido e esta mañá, ás 12h, fixeron o propio entre Framil e a Moniña. O servizo actual de microbús queda curto por capacidade e por frecuencias, lamentan. A situación resolveríase cun convenio a tres bandas entre Ames, Santiago e a Xunta de Galicia.

Durante a concentración do xoves, arredor dun cento de veciñas e veciños quixeron acceder ao microbús para demostrar o insuficiente do servizo.

DEJA UNA RESPUESTA

Please enter your comment!
Please enter your name here