Carmen Cuevas, ganadora do Canta con Ames, pasa a ronda de audicións a cegas de La Voz Kids

134

Carmen Cuevas, de 12 anos e que naceu en Ames (ainda que agora reside en Ourense), vén de superar a fase de audicións a cegas do concurso La Voz Kids 2024 que emite Antena 3. A rapaza amesá interpretou “Tu falta de querer” de Mon Laferte. Os catro coaches Melendi, Rosario Flores, David Bisbal e Lola Índigo deron a volta interesados/as en que Carmen formase parte do seu equipo. Finalmente,elixiu formar parte do equipo de Lola Índigo.

Carmen Cuevas gañou en 2021 a primeira edición do concurso Canta con Ames, na categoría infantil, organizado pola Concellaría de Promoción Económica.