CARREIRA POPULAR O 22 DE OUTUBRO

543

BERTAMIRÁNS ACOLLERÁ A CARREIRA POPULAR DO VINDEIRO DOMINGO, 22 DE OUTUBRO

A carreira se desenvolverá pola contorna da localidade de Bertamiráns o vindeiro domingo, 22 de outubro, a partir das 10:30 horas. Contarase cun circuíto de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo. O percorrido irá dende os 200 metros ata os 10 quilómetros e haberá un total de 11 categorías. O prazo de inscrición xa está aberto e rematará o mércores 18 de outubro. Na actualidade hai 282 persoas inscritas. De xeito paralelo vaise organizar o sábado 21, pola mañá, un obradoiro no que se impartirán nocións de adestramento para atletas de carreiras populares.