Case 1.600 afectados por coronavirus en Galicia, con 288 na área compostelá

0
81

O número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 1.598, segundo datos da Xunta. Deles, 389 son da área da Coruña, 99 da de Lugo, 186 da de Ourense, 202 da de Pontevedra, 396 da área de Vigo, 288 da de Santiago, e 38 da de Ferrol.

Hai 69 pacientes en UCI. Outros 409 están hospitalados fóra dos coidados intensivos, e 1.120 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 25 altas de pacientes e 30 falecementos. Os últimos falecementos corresponden a dous varóns de 82 anos, que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, e que tiñan patoloxías previas; e a outro varón de 74 anos, que estaba ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, e que tamén tiña patoloxías previas.

Realizáronse ata o momento case 8.000 tests.

DEJA UNA RESPUESTA

Please enter your comment!
Please enter your name here