A produtora do programa musical La Voz Kids, Boomerang TV, fará un proceso de selección da próxima edición deste talent show onde poderán presentarse todas as nenas e nenos de 7 a 15 anos. A primeira fase será online e cada participante deberá enviar un vídeo cantando. Posteriormente, haberá unha proba presencial en Madrid, Sevilla, Barcelona, Bilbao, Valencia, a Coruña ou Las Palmas de Gran Canaria.
Ademais, dende a produtora indican que tamén son benvidas todas as propostas dos participantes adultos, que se poden encaixar no casting do programa La Voz para maiores de 18 anos. Para participar ou consultar dúbidas pódese contactar a través do número de teléfono 629 96 27 35 ou do enderezo electrónico paula.lavozkids@boomerangtv.com.