Charla-Obradoiro sobre a importancia dos procesos madurativos dos nenos

A Concellaría de Normalización Lingüística está organizando para o vindeiro luns, 29 de maio, ás 18:00 horas, unha charla-obradoiro de achegamento práctico aos procesos madurativos.

365

Esta actividade, que será impartida por Milagros Lorenzo, psicomotricista infantil e psicóloga clínica

A Concellaría de Normalización Lingüística, dentro do programa Apego, está organizando para o vindeiro luns, 29 de maio, ás 18:00 horas, unha charla-obradoiro de achegamento práctico aos procesos madurativos que se dan en nenos e nenas de 0 a 3 anos e que asentarán a personalidade futura. Este actividade desenvolverase no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, e será impartida por Itos Lorenzo, psicomotricista infantil e psicóloga clínica. Está dirixida a pais e nais con nenos e nenas de 0 a 3 anos e a futuros pais e nais.

Trátase de achegarnos dun xeito práctico ao corpo e á expresividade motriz cunha mirada diferente para comunicarnos e acompañar a nenas e nenos de 0 a 3 anos. Esta actividade, que será impartida por Milagros Lorenzo, psicomotricista infantil e psicóloga clínica, enmárcase dentro da programación infantil con Apego que desenvolve o Concello de Ames.