A Carballeira dos Trasgos, en Paramuíño (Biduído), gañará cinco novas figuras. Durante este ano colocáronse varias figuras dos animais típicos que habitan unha carballeira (vacaloura, bolboreta macaón, donosiña, curuxa, píntega e peto real). Tamén se recrearon os seres das nosos contos e lendas, como trasgos ou damas. Agora chegarán unha xeneta, unha bubela, unha víbora, unha avelaíña e unha xoaniña.
Está previsto que de cara ao vindeiro ano se sigan colocando novas figuras. A través desta actuación trátase de poñer en valor este lugar e dalo a coñecer entre a veciñanza amesá. A recreación feita na carballeira correu a cargo da empresa amesá Escenoset. As figuras foron colocadas por persoal de Escenoset e do Concello de Ames.