Clases de bici para mulleres maiores de 55 anos no Milladoiro

0
63

Nesta terceira edición local da Semana Europea da Mobilidade aparece como novidade a Escola de Bici. Organizada pola Concellaría de Promoción da Saúde, celebrarase os días 16, 17 e 18 de setembro, no aparcamento de Agriños no Milladoiro. Contará con dous talleres de iniciación pensados para que as mulleres maiores de 55 aprendan a andar en bicicleta. As mulleres participantes poderán escoller entre dous horarios: de 16h a 18h horas e de 18h a 20h. A actividade conta cun total de 10 prazas repartidas en dous grupos de 5 persoas. Para participar nesta actividade é necesario inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo promociondasaude@concellodeames.gal

DEJA UNA RESPUESTA

Please enter your comment!
Please enter your name here