Coches con menos fumes para a Policía Local

157

Asinouse o contrato para o subministro de dous vehículos híbridos, baixo a modalidade de renting, para a Policía Local de Ames. A duración do contrato será de 48 meses. O contrato foi adxudicado a empresa Autos Iglesias SL por un importe de 167.851,20 euros (IVE incluído) na Xunta de Goberno Local do 2 de febreiro.

Na actualidade, o corpo da Policía Local de Ames, integrado por un total de 21 efectivos en activo, conta cun parque automobilístico que está composto por  tres vehículos e dúas motos para desenvolver o seu traballo. Estes vehículos rexistran un uso intensivo (todos os días á semana durante practicamente 24 horas), polo que a Policía Local manifestou a necesidade de dispor duns vehículos novos.