Comeza o prazo para inscribirse nas Escolas Culturais

715

Os prezo das actividades é de 50 euros por curso para persoas maiores de 18 anos e de 40 para os menores de esa idade

O curso 2017/2018 tamén comeza nas Escolas Culturais municipais de Teatro, Artes Plásticas e Baile. Dende este luns, 18 de setembro, permanecerá aberto o prazo de inscrición, con 240 prazas dispoñibles. A Concellaría de Educación e Cultura ofrece clases para nenos/as e para persoas maiores de 16 anos, tanto na Casa da Cultura do Milladoiro como na de Bertamiráns. Os prezo das actividades é de 50 euros por curso para persoas maiores de 18 anos e de 40 para os menores de esa idade. No caso de familias que inscriban a unha segunda persoa menor de 18 anos o prezo do curso diminuirá a 20 euros, e a 10 se inscriben ademais a unha terceira persoa.

Terán prioridade de matrícula aquelas persoas que xa participaran nalgún obradoiro cultural o ano anterior, pero só se a inscrición se realiza na mesma actividade e grupo que no curso anterior. Para poder formar grupo deberanse cubrir a metade máis unha das prazas ofertadas. A matrícula poderase realizar tamén unha vez comezado o curso, sempre que haxa actividades con prazas dispoñibles. O prezo da actividade calcularase multiplicando o importe mensual polo número de meses de clases restantes.