Comeza a renovación do pavimento do parque da Praza Manuel Murguía

Con esta actuación complétase a renovación deste parque infantil da Praza Manuel Murguía.

732

Con esta actuación complétase a renovación deste parque infantil

Hoxe comezaron as obras da renovación do parque infantil na Praza Manuel Murguía en Milladoiro. Os operarios comezaron a retirar o pavimento de caucho para poder repoñer outro que acondicione o parque para os rapaces e rapazas da zona. O anterior pavimento encontrábase en mal estado e decidiuse cambialo por outro de baldosas elásticas que conta cun maior grao de seguridade e protección fronte as caídas.

Actuarase nunha superficie de 198 metros cadrados. Con esta actuación complétase a renovación deste parque infantil, xa que nos últimos meses limpáronse e reparáronse os xogos, e pintouse o valado de peche de dito parque. Esta actuación tivo un custo de 4.866.14 euros.