O Concello reducirá a cero o regadío e pechará as fontes pola seca

604

Son medidas anunciadas tras reunirse coa responsable de Espina y Delfín e que irán acompañadas dunha campaña de concienciación sobre o gasto responsable de auga

A xuntanza, realizada polo alcalde de Ames, José Miñones, e polo concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos, coa responsable do Servizo da agua en Ames, Virgina López, serviu para coñecer, de primeira man, a situación de captación (ETAP) no río Tambre en Lens, que polo de agora non é alarmante.

A redución a cero dos regos municipais e dos baldeos na rúa e a realización dunha campaña para concienciar á cidadanía acerca da importancia do aforro e da boa xestión da auga, así como o peche do uso das fontes públicas, son algunha das medidas que se adoptarán.