Concentración diante do Concello en repulsa do asasinato do neno de Oza-Cesuras

O Concello de Ames convoca para mañán mércores, 10 de maio, ás 12.00 horas unha concentración en repulsa do asasinato do neno de 11 anos de Oza-Cesuras.

553

Concentración diante da Casa do Concello, en Bertamiráns, e diante das oficinas municipais do Milladoiro

O Concello de Ames, a través da concellaría de Servizos Sociais e Igualdade, convoca para mañán mércores, 10 de maio, ás 12.00 horas, unha concentración diante da Casa do Concello, en Bertamiráns, e diante das oficinas municipais do Milladoiro, en repulsa do asasinato do neno de 11 anos, que  se enmarca nun caso de violencia machista, xa que o presunto asasino é o pai do rapaz.

Convócase a todas as persoas que desexen asistir a dita concentración para gardar un minuto de silencio na memoria do pequeno.