Contacontos e teatro, mañá nos Seráns de Ames

136

Este xoves, 10 de agosto, o campo da festa de Bugallido acolle dúas novas actividades do programa “Seráns de Ames 2023”. A iniciativa estase a desenvolver semanalmente durante os meses estivais. Nesta ocasión, o serán estará protagonizado por Bibiana Calvo e Divina Fernández, que interpretarán o contacontos “Conto contiño”, e por Inventi Teatro, que representará a obra “A gran viaxe”. Será a partir das 19:30 horas.