Convenio coa Xunta para o coidado do Camiño a Fisterra

627

Concello e Axencia de Turismo asinaron un acordo para investir 50.000 euros no tramo amesán do Camiño a Fisterra-Muxía

O alcalde de Ames, José Miñones, e a directora da Axencia de Turismo de Galicia, María Nava Castro, veñen de asinar un convenio para que a Xunta de Galicia sufrague as obras de mellora e acondicionamento do Camiño Fisterra-Muxía ao seu paso polo municipio amesán. As actuacións proxectadas suporán unha recuperación e potenciación do Camiño de Fisterra-Muxía ao seu paso polas parroquias de Ames e Trasmonte como un recurso cultural, económico, turístico e de comunicación. Estes traballos teñen un custo de preto de 50.000 euros.