A Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde, dentro do programa de Andainas Saudables, organiza para este mes de outubro un percorrido pola sexta etapa do camiño de Santiago dende o Barbanza “A Orixe”. A ruta realizarase o sábado 28 de outubro. Os participantes camiñarán arredor de 15 quilómetros, partindo dende a igrexa de San Vicente de Cespón, en Boiro, ata a igrexa de Santa María de Leiro, situada en Rianxo. As persoas interesadas en participar poden inscribirse cubrindo este formulario ata o mércores, día 25, ás 14:00 horas. Haberá servizo de autobuses dende a praza do Concello, en Bertamiráns, ás 9:00 horas; e dende a Casa da Cultura do Milladoiro, ás 9:15 horas.