Convocado o VIII Certame de Fotografía Comercial da Asociación de Empresarios de Novo Milladoiro

51

A Asociación de Empresarios de Novo Milladoiro organiza un ano máis o seu certame fotográfico, en colaboración coa Concellaría de Promoción Económica do Concello de Ames. A temática do concurso xira en torno ao propio parque empresarial e a actividade económica que alí se desenvolve. Pódese participar enviando unha soa imaxe por persoa, que deberá ser remitida ao enderezo electrónico certamefotografico@aenovomilladoiro.com xunto co título da obra e os datos persoais do autor (nome e apelidos, data de nacemento, número de carné de identidade, dirección, correo electrónico e teléfono de contacto). O prazo para enviar os arquivos está aberto ata o 22 de novembro. As bases pódense online.

O certame acada así a súa oitava edición. Pode participar calquera persoa interesada na fotografía, tomando unha imaxe da actividade económica que alí se desenvolva. Está permitido retratar as instalacións, o equipo humano, os produtos e mesmo os eventos que se desenvolvan no polígono.