Correos accede a que a oficina do Milladoiro abra todo o día

427

Correos anunciou hoxe que a oficina de Correos de Agro da Madelena no Milladoiro abrirá todo o día (de 8:30 da mañá a 20:30 da tarde) a partir do 1 de outubro. Cúmprese así unha antiga reclamación da veciñanza. A ampliación facilitará e mellorará o servizo e supón a aceptación da solicitude que o alcalde lle fixo á empresa o pasado 5 de xullo, durante a visita do xerente de área, Xosé Chorén.

O alcalde de Ames, Blas García, declarou cando coñeceu a nova que a valoración do Goberno local é moi positiva e agradeceu o interese de Correos ao ” dar resposta á necesidade dos veciños e das veciñas de contar cun servizo de Correos en horario ininterrompido”.

Oficina multiservizo con horario continuo
O novo horario beneficiará tamén ás empresas locais que operan por internet con Correos como operador de paquetería. Ademais, na oficina realízanse os tradicionais servizos de envíos de cartas, xiros, burofaxes ou  o envío e recepción de diñeiro internacional a través de Western Union.

Os veciños do Milladoiro poden abonar recibos de calquera subministro, recargar móbiles ou mercar entradas para actividades de ocio e lotería. Tamén teñen á súa disposición billetes de tren AVE, larga e media distancia. Tamén poden pagar sancións de tráfico, obter o duplicado do permiso de circulación e o informe do vehículo ou mercar dispositivos medioambientais,