Cribado no Centro de Saúde de Bertamiráns este sábado, día 7

317
Nieves Cabo Vidal recibe a segunda dose da vacina contra a covid-19 que comeza a dispensarse na residencia de maiores Porta do Camiño de Santiago de Compostela. 17 de xaneiro de 2021

O cribado solicitado o luns polo alcalde de Ames, Blas García, á Xerencia Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza non se fixo agardar. Esta mesma mañá a Xerencia sanitaria anunciaba a instalación, este sábado 7 de agosto, dun punto móbil no Centro de Saúde de Bertamiráns. O cribado vai dirixido a 1900 aos mozos e mozas de entre 16 e 29 anos que residen no concello e aos que van citar a través dunha mensaxe de móbil nos próximos días.

A proba vaise realizar ao longo da mañá do sábado a través dun test de antíxenos, unha proba que de xeito rápido e eficaz detecta a presenza ou non do virus da COVID-19. A toma da mostra realízase insertando un hisopo na nariz para recoller secrecións nasais. O tempo para obter resultados é duns 15 minutos. As persoas que acudan a realizar o test terán que presentar unicamente a tarxeta sanitaria.

A día de hoxe o número de casos activos por COVID-19 en Ames é de 197. O concello está dende o pasado sábado no nivel alto de restricións.

Cribado en Santiago
Recórdase tamén desde o concello que aquelas persoas que de xeito voluntario queiran realizar un cribado e non sexan chamados para este sábado poden acudir á unidade móbil que de xeito permanente está instalada no Auditorio do Campus Sur de Santiago de Compostela de 9 da mañá a 9 da tarde.