Cuarta edición da campaña de fotografía “Ilumina o teu sorriso”, que busca promover o comercio amesán

199

O certame ten como obxectivo dinamizar os establecementos locais, fomentando o achegamento da cidadanía ás rúas más comerciais. Para participar na campaña cómpre realizar dúas fotografías en dous dos lugares seleccionados polas súas decoracións de Nadal: nas prazas do Concello e da Maía, en Bertamiráns, ou na praza da Madalena e no aparcamento do Supercor, no Milladoiro. Os premios son un teléfono móbil Samsung Galaxy A13 e dous vales de 100 euros cada un para gastar en comercios amesáns. As bases ao completo poden consultarse premendo nesta ligazón.

Ao acto de presentación acudiron o alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz; Jorge López, presidente de XEA, e Ramón Cordido, en representación de La Rayuela.