Curso de medidas hixiénico sanitarias para hostalería en Ames

0
61

O GDR “Terras de Compostela”, en colaboración co concello de Ames, organiza un curso para dar a coñecer aos profesionais da hostalería as novas medidas hixiénico sanitarias que veñen de poñerse en marcha no sector. O curso desenvolverase o martes, 28 de setembro, entre ás 17h e as 21h, na Casa da Cultura do Milladoiro.  

As persoas interesadas en asistir deberán enviar un correo ao departamento de turismo sonia.moure@concellodeames.gal, ou chamar ao teléfono 981883002, ext 9966. Recibirán un diploma que acredite a súa asistencia ao curso. 

O concelleiro de Turismo, Manuel Lens, convida aos profesionais da hostalería e a restauración a facer o curso: “Non se trata só da obrigatoriedade que marca a lei para os profesionais do sector, trátase tamén de conseguir que o sector estea o suficientemente preparado de xeito que a bisbarra acade niveis óptimos de excelencia e calidade”.

DEJA UNA RESPUESTA

Please enter your comment!
Please enter your name here