David Santomil desminte as acusacións sobre a licitación dos comedores escolares de PxA

O concelleiro David Santomil afirma que "estase a confundir o prezo de licitación do servizo cos salarios dos traballadores".

631

Santomil aclara que este proceso estimouse en base ás ofertas presentadas anteriormente

David Santomil desminte as acusacións vertidas por PxA sobre a licitación dos comedores escolares. Santomil quere deixar claro algunhas das teorías difundidas pola formación amarela con datos que el mesmo preparou.

licitación-comedores-escolares-santomil

O concelleiro afirma que “estase a confundir o prezo de licitación do servizo cos salarios dos traballadores, xa que ao existir subrogación de persoal as empresas teñen que manter obrigatoriamente os salarios nas mesmas condicións polo que aínda que se baixe o prezo de saída da licitación o que se lle paga aos monitores é o establecido no convenio aplicable”.

Sobre o prezo da actual licitación, Santomil aclara que este proceso estimouse en base ás ofertas presentadas anteriormente. A media destas ofertas estaba en 13,86 euros/hora monitor, e o prezo actual de saída é de 14 euros/hora. Continúa dicindo que “neste contrato fixéronse os cálculos en base á totalidade de prazas ofertadas (1254) cousa que non se fixera no anterior, os cálculos realizáronse na anterior licitacion con 1165 prazas. Polo tanto, increméntase o número de monitores con respecto á anterior licitación”.

cadro-comedores-escolares-santomil

Remata aclarando que o custe hora monitor sitúase nun prezo similar ao dos demais servizos de conciliación do concello xa que se intentou unificar prezos pola similtud dos servizos ofertados.