A desaparición dun veciño do Milladoiro na tarde do 7 de agosto fixo saltar as alarmas e mobilizou un dispositivo de búsqueda, pero finalmente quedou nun susto. Manuel Lens, un home de 30 anos, foi localizado na urbanización de Brandía, en Santiago de Compostela, arredor das cinco e media da madrugada do mércores 9. Atopábase san e salvo, se ben sufrira unha desorientación.