Desescalada en tres niveis

0
176

A desescalada continúa en Galicia de forma gradual e paulatina por territorios. Aínda que a Xunta non fixo públicas as medidas específicas de cada concello, deu unha serie de indicacións xerais atendendo á incidencia acumulada. Todas as medidas entran en vigor a partir deste venres 26 de febreiro.


Nos concellos con incidencia superior a 500 a 14 días por 100.000 habitantes manterán as restricións actuais:
-Mobilidade só no concello.
-Hostalería pechada.
-Só conviventes.


Nos concellos con incidencia entre 250 e 500 a 14 días:
-Mobilidade entre estes municipios e só interna en cada área sanitaria da Coruña, Ferrol e Pontevedra
-50% terrazas ata as 18,00 h
-Ata 4 non conviventes
-Deporte: grupos máx. 4 e apertura de instalacións deportivas.

Nos concellos con incidencia inferior a 250 a 14 días:
-Mobilidade entre estes municipios-30% en interior e 50% en terrazas ata as 18,00 h.
-Ata 4 non conviventes.
-Deporte: grupos máx. 4 e apertura de instalacións deportivas.

A falta de coñecer a lista específica de concellos, Ames estaría neste terceiro grupo por unha incidencia acumulada inferior a 150. 

Toda Galicia segue pechada perimetralmente. As clases presenciais na universidade retomaranse o luns 1 de marzo, despois de ofrecerlles un cribado aos alumnos ao longo desta semana. A vindeira fin de semana poderán volver abrir os centros comerciais.

DEJA UNA RESPUESTA

Please enter your comment!
Please enter your name here