Detido o xerente dunha tenda do Milladoiro por vender produtos de marca falsificados

140

A Patrulla de Fiscal e Fronteiras da Garda Civil de Noia detivo ao xerente dun establecemento de Milladoiro como suposto autor dun delito contra a propiedade industrial. Os feitos ocorreron por mor dunha denuncia interposta por unha empresa con sede en Majadahonda (Madrid) que ostenta a representación de diversas marcas de alto prestixio en España. Nela informábase que existía un establecemento no Milladoiro no que se estaría vendendo aos público produtos que reproducen ou imitan de forma non autorizada algunhas marcas cuxa titularidade correspondería ás mercantís que a empresa representa en España.
A Garda Civil procedeu á investigación e posterior inspección do establecemento acompañados por un perito da empresa. Durante a inspección púidose comprobar que había diverso material das marcas afectadas, polo que A Garda Civil procedeu á aprehensión de 889 pezas de diversas marcas cun valor de 98.826€.
O detido xunto coas dilixencias instruídas foron postos a disposición xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Santiago de Compostela.