A Garda Civil do Posto Principal de Milladoiro detivo a dúas persoas, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública na fase de explotación da operación Alcumes.
A citada operación iniciouse o pasado mes de marzo, ao ter coñecemento os efectivos desta Unidade da continua trasfega de persoas e vehículos nunha céntrica rúa da localidade de Milladoiro, debéndose este supostamente, á
afluencia de compradores de substancias estupefaciente a un inmoble da zona.
A Garda Civil investigou os feitos en aras de corroborar a súa veracidade e identificar plenamente os autores do ilícito no seu caso.
En base aos resultados da investigación, a Garda Civil
solicitou á Autoridade Xudicial competente unha autorización de entrada
e rexistro en domicilio.
No transcurso do rexistro a Benemérita incautou varias doses
individuais dunha substancia branca, supostamente cocaína.
Tamén se inautaron catro móbiles, 510 euros en moeda fraccionada e un automovil.
Os detidos, xunto coas actuacións realizadas e os efectos aprehendidos, foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución nº 2 de Santiago de Compostela.