Do 16 ao 22 – S Ames celebra a Semana Europea da Mobilidade

145

A temática escollida pola Comisión Europea para este ano é “Mellores conexións”, coa que se busca difundir os beneficios de uso das formas de transporte sostibles. Para participar nestas actividades é necesario inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo mobilidade@concellodeames.gal.

As actividades comezan este venres, 16 de setembro, cunha marcha ciclista nocturna que partirá ás 22:00 horas da praza do Concello, en Bertamiráns. Ao igual que en edicións anteriores, tratarase dun percorrido sinxelo e ben iluminado, duns oito quilómetros, pensado para que toda a familia poida sumarse. 

sábado 17, cunha serie de xogos e actividades orientados á rapazada dos 4 aos 12 anos. A partir das 17:00 horas, o aparcadoiro da travesía do Porto, no Milladoiro, acollerá de xeito simultáneo uns xogos populares en bicicleta e a proposta “Coñecendo a Unión Europea”, co gallo da presentación do proxecto dos carreiros escolares, que forma parte do Plan Impulsa Ames – EDUSI, que terá lugar este xoves, 15 de setembro, na Casa da Cultura do Milladoiro.

De xeito simultáneo, haberá unha mostra de bicis, patíns e motos eléctricas no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro, por cortesía de WECO mobility.

A fin de semana rematará con dúas iniciativas máis o domingo 18. En primeiro lugar, realizarase unha andaina pola senda verde, un percorrido de 12 quilómetros de dificultade baixa que une O Milladoiro con Bertamiráns. Será ás 10:00 horas, partindo dende a igrexa de San Xosé, no Milladoiro. Para participar nesta saída, na que colaboran as Concellarías de Promoción da Saúde e de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica, cómpre inscribirse enviando un correo a promociondasaude@concellodeames.gal indicando “Andaina senda verde”, e especificando se se precisa autobús. 

A xornada completarase ás 12:00 horas na praza do Concello, en Bertamiráns, cunha nova mostra de medios de transporte sostibles a cargo de WECO mobility. Ao igual que no Milladoiro farase unha mostra de bicis, patíns e motos eléctricas.

A programación pecharase o martes 20, con dúas charlas para as persoas maiores cos coordinadores provinciais de educación viaria da Coruña, baixo o lema “Sabelo é empezar a evitalo”. Nelas poderán consultar dúbidas e inquedanzas sobre a mobilidade no concello e a seguridade viaria, en especial no eido dos atropelos en vías interurbanas, o foco principal das recentes campañas de concienciación da Dirección Xeral de Tráfico. Serán ás 17:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, e ás 19:00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.